miércoles, 12 de marzo de 2008

QUENTES

Por aí fóra deben pensar que somos un pouco raros. En teoría adoita ser no verán cando á xente éntranlle as quenturas, porén, dende A Coruña levamos un par de meses dando unha imaxe de fervor invernal non se sabe se encomiable ou preocupante.

Máis aló dalgún pequeno eloxio puramente futbolístico, do que máis se falou do Dépor a nivel estatal nos últimos tempos foi de dúas circunstancias triviais pero un tanto calenturientas. En xaneiro, comentáronse moito e nun ton un tanto babeante os atributos físicos da modelo coa que comparte o seu tempo o recentemente fichado Wilhemson. Pouco máis dun mes despois, vólvese a falar de nós porque un xogador promete un mes sen sexo en caso de vitoria e todo o mundo rebélase porque non, que esas cousas son sacras e tal e cual. Pois ben. A verdade é que se por aí fóra teñen agora unha imaxe de nós como un equipo e un entorno bastante saído pois nolo gañamos. E a verdade é que dá igual. Ou case mellor.

Durante moitos anos, os que menos nos coñecen tivéronnos por unha xente timorata, servil, incapaz de saír da súa frialdade vital. Xa se sabe, eses que nin baixan nin soben pola escaleira, que nin senten nin padecen. Pero iso xa non é así. Agora son conscientes de que aquí hai orgullo, hai vida, hai axitación capaz de levar máis de década e media sen caer ante o todopoderoso Madrid. Porque esta, a pesar do temporal, é unha terra quente. E a base de calor afrontamos partidos como o do sábado. E tamén, así andamos co outro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

eran horas de pasarte por aqui, estaba el blog en barbecho total

pd. que asco da, que asco da, ser del ...