miércoles, 28 de mayo de 2008

OBRA MUNICIPAL

Esta mesma semana cumpriuse un ano das últimas eleccións municipais, que a nivel coruñés supuxeron un fito ao significar a reincorporación do nacionalismo a algunhas parcelas de poder en María Pita despois de máis dun cuarto de século. No que respecta ao Dépor, o cambio segue o mesmo paso que o resto das áreas municipais: melloraron as formas, pero as emocións aínda se esperan. Lendoiro reuniuse con Tello e con Losada, e, como é habitual, boas palabras e case nada a maiores. Con todo, o Deportivo mantén as súas vellas reivindicacións ao concello e este, que se supón que no segundo ano desprenderase definitivamente dos lastres políticos e económicos do pasado, poderá escoitar con máis atención. E hai unha clave que a todos lles pode interesar. Un necesita un novo estadio e os outros unha obra que silencie calquera sombra de parálise. O Dépor sempre falou de integrar ese novo recinto dentro dun gran espazo cidadán nos terreos liberados do porto. Parecía aquela zona destinada á construción, pero a burbulla inmobiliaria estalou e manter esa intención soa a tolemia. Polo tanto, o vello plan de Lendoiro tamén puidese beneficiar a Losada e Tello. Poucas cousas máis difíciles pódense pensar, pero, desde logo, outras máis raras téñense visto.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

no comentamos pero te leemos

Anónimo dijo...

Canto misterio...