lunes, 14 de abril de 2008

SEIS COUSAS

Gañou o Dépor ao Athletic de Caparrós (3-1). Varias cousas:

1) Cando se está a dous puntos dun obxectivo, hai que loitar por el, por moi difícil e inesperado que sexa ou por moito que apeteza relaxarse logo de meses de angustia.

2) Sempre se di que un dianteiro vive do gol, e ten moito de certo. Pero esa afirmación fainos esquecer que tamén xogan defensas, paus e porteiros. Por iso non está de máis lembrar que onte, Xisco fixo un partido tan bo ou mellor que os anteriores, nos que se fartou a marcar.

3) Aínda que é fácil entendelo, a verdade é que analizado desde un punto de vista de club, o xesto de Coloccini a Caparrós sobraba. No éxito loce máis ser elegante que revanchista.

4) Unha das grandes mentiras do fútbol é aquela que di que os penaltis son pura sorte. Nada diso, neles está boa parte da esencia do fútbol resumida nunha xogada. Non é fácil tiralos ben. Sergio faio de cine e iso é calidade, non ningunha lotería.

5) Como por aí fóra apréciannos o xusto e nos miran aínda menos, pois dunhas semanas para aquí chegan comentarios que denominan ao equipo de Lotina como defensivo e case ruin, de tres centrais e contras. Non obstante, os que seguimos ao Dépor sabemos que aquí hai fútbol con maiúsculas. Os que non se enteran será que no canto de ler só miran os debuxos.

6) A maior responsabilidade que ten un club é a de estar ao nivel do caudal humano que lle acompaña. E niso, o Dépor e tamén o seu último rival o Athletic, son millonarios. Se quedaban dúbidas, onte, disipounas Riazor.

4 comentarios:

Gardagami dijo...

See Please Here

Miguel dijo...

O xesto de Coloccini é puro fútbol. Que diriamos se fora ao banco do Celta ou a Schuster? Chapó para o arxentino.

Anónimo dijo...

Pero lle montou o desplante a un que non lle fixo ningún mal ao Dépor, máis ben ao contrario. Quedou feo. Non se pode comparar con outras cousas como Claudio celebrando un gol en plan torero diante dos Ultra Sur. Aquelo si foi grande.

O Traveseiro dijo...

A min o que non me parece ben é que en vez de recoñece-lo vai e di que llo adicou á súa nai (?)